17.6.17

Letras galegas 2018: María Victoria Moreno

María Victoria Moreno non naceu en Galicia nin tivo o galego como lingua materna. Pero viaxou cara a Galicia e cara ao galego, habitouno e convidou á súa viaxe a incontables mozas e mozos. A Real Academia Galega decidiu o sábado 17 de xuño que o nome da autora da inesquecible Anagnórise se una á reducidísima lista de mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas, ata agora só conformada por Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), e María Mariño (2007).