4.6.17

Santiago Lopo gaña o Premio Xerais de Galicia

A arte de trobar premio xerais de novela

Santiago Lopo é o gañador da XXXIV edición do Premio Xerais de Novela, coa obra A arte de trobar. María Canosa fíxose co XXXII Premio Merlín de Literatura Infantil con Muriel; e Manuel Lourenzo levou o IX Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con Ceiba de Luz. A Illa de San Simón acolleu un ano máis a festa literaria dos galardóns, dotados cada un con 10.000 euros, nunha xornada na que Xurxo Mariño actuou como mantedor literario.