_revista XIADA


Xiada dixital // 2014/15
 Xiada dixital // 2013/14
Xiada dixital // 2012/13
Xiada dixital // 2011/12





Presentamos a revista Xiada por terceiro ano consecutivo en formato dixital.


Tres de tres
Decidimos este curso sacar números trimestrais onde reflectimos as actividades que se foron desenvolvendo durante estes meses. Para darlle maior proximidade aos acontecementos.
Na revista están presentes as nosas inquedanzas, os nosos intereses e os nosos proxectos. Algo que queremos compartir con todos vos. Seguimos a postrando pola interculturalidade, algo que está moi presente no noso centro. Desde este barrio periférico de Elviña enlazamos con todas as periferias presentes nesta esfera do planeta Terra. Os gustos musicais, gastronómicos, a moda, os lugares turísticos, a cultura de moitos países, sen esquecer a nosa realidade que podemos observar dende o castro de Elviña ou dende calquera outro outeiro da nosa Terra.
A biblioteca serviu de punto de encontro dunha chea de libros. Nela fíxose animación da lectura a través do club Elvilendo, intercambiáronse impresións sobre libros, viñeron escritores Andrea Maceiras ou exalumnos do instituto que traballan no campo da escritura xa sexa na poesía con Dores Tembrás, no guión da man de Daniel D. García ou na narrativa con Fernando Díaz Castroverde.
Celebramos o 150 aniversario de Cantares Gallegos realizando un proxecto integrador no que participaron moitos departamentos (tecnoloxía, francés, galego, música, xeografía e historia...). Froito desta celebración aparaceron varios videos.
Intercambiamos vivencias con outros rapaces doutros centros. Destacamos a celebración do VI Encontro na que analizamos a situación dos prexuízos.
Tamén realizamos excursións, conferencias, teatro, música, lecturas, creación, ciencia, opinión, natureza ... pois non só aprendemos dentro das aulas.

Seguro que moitas iniciativas e actividades quedaron fora deste espazo dixital, pero cremos que moitas das cousas que pasaron están aquí presentes. Sirva esta revista da súa testemuña.

Moitas grazas pola vosa colaboración.


Mudaron os tempos.

Lonxe quedan as nosas copias impresas en branco e negro, e máis tarde a cores. Hoxe a comunicación navega polos fíos da rede, mais as nosas ganas de comunicarnos son as mesmas, ou máis aínda.


De que falamos? Do mundo que nos rodea, da cultura que nos toca vivir, do que aprendemos, das nosas afeccións, dos nosos gustos.... daquilo que nos preocupa ou desgusta, estea lonxe ou ao noso lado: desde a violencia de xénero ao terremoto de Xapón, desde o Correlingua ao 15M , desde o noso barrio á música popular latinoamericana.


E tamén as nosas excursións, conferencias, teatro, música, lecturas, creación, ciencia, opinión, natureza ... pois non só aprendemos dentro das aulas.


Seguro que non recolle toda a creatividade do noso centro, queremos só que sirva para seguir avanzando e que nos sintamos representados na diversidade do instituto e da sociedade na que estamos integrados.


Moitas grazas pola vosa colaboración